19 nov 2019

25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero

Proximamente no cole conmemoraremos o Día Internacional contra a Violencia de xénero, pero antes imos contarvos cal é a orixe desta data.
O 25 de novembro foi declarado día Internacional contra a Violencia cara á muller en xullo de 1981 no 1º Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Bogotá (Colombia). Neste encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneras políticas.

Elexiuse o 25 de novembro porque nese día de 1.960  as irmáns Mirabal (Patria, Minerva e Mª Teresa),  tres activistas políticas, foron asesinadas  pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.
 Como recursos que vos suxerimos para esta celebración temos  na biblioteca un recunchiño con diferentes contos e libros sobre a igualdade de xénero que poderedes facer uso deles na biblioteca e nas aulas.
Ademais neste enlace  atoparedes algunhas actividades para desenvolver nas aulas. 
http://www.steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/muller/25_novembro/2011/Primaria.pdf
LEMBRADE: A TOLERANCIA DETÉN A VIOLENCIA


0 comentarios:

Publicar un comentario