Hoxe xuntámonos todos para celebrar o día da Biblioteca e tivemos un montón de novidades. Os maiores encargáronse da presentación e aproveitaron para contarnos algunha cousiña de A volta ao mundo en 80 días de Xulio Verne, que é o tema da biblioteca deste curso.
A continuación, vimos As Noticias de Larapeto, programa no que Icía e Álvaro trataban de averiguar coa axuda dos seus corresponsais o que opinaba a xente sobre a posibilidade de dar a volta ao mundo en 80 días. Moi coñecidos se nos facían esos veciños de Pastoriza!
A profe María encargouse de realizar un sorteo porque cada dous curso imos traballar sobre un dos destinos aos que viaxa o señor Fogg na obra de Verne. E, para tanto viaxe, precisamos un pasaporte, que nolo presentou e entregou a profe Marián.
Cando rematamos con tantas emocións quedámonos todos xuntiños na biblio para ver unha das películas baseada nas aventuras do señor Fogg. Ah! e non podemos esquecernos de que tiñamos unha exposición de novos fondos relacionados co tema deste ano que teñen unha pinta boísima. Eso sí, hai que tratalos con coidado, que temos ao señor Fogg ao subir as escaleiras vixiando todo o que sucede no cole....e encántanos!
Aquí vos deixamos un montón de fotos...
Aquí vos deixamos un montón de fotos...
0 comentarios:
Publicar un comentario