miércoles, 16 de mayo de 2012

As pousadeiras do rei

Contacontos

O pasado 26 de abril, dúas nenas e un neno do terceiro ciclo (Carla, Ainoa e Ismael,) fixeron novamente de "contacontos" para o alumnado de educación infantil. Esta vez realizaron a lectura do conto "As pousadeiras do rei".

Alumnado de 4 e 5 anos
Alumnado de 3 e 4 anos

martes, 15 de mayo de 2012

Presentación da mascota da biblioteca

O día 27 de abril fíxose no centro a presentación da mascota da biblioteca feita de tea. Para descubrila, todo o alumnado, dividido en ciclos, realizou unha búsqueda do tesouro en distintas zonas do centro (polideportivo, patio...). 
  •  O primeiro turno foi para alumnado de Infantil que realizou a búsqueda do tesouro no polideportivo, divididos en tres grupos. Dita actividade consistía na búsqueda dunhas pezas agochadas para logo compoñer un puzzle ca imaxe de Larapeto. Cada peza contiña unha pregunta relacionada con contos infantís. Unha vez composto o puzzle, entregouselles o tesouro que se trataba dunha carta escrita por Larapeto convidándoos a subir á biblioteca para velo. 

  • Do mesmo xeito realizouse unha búsqueda do tesouro co primeiro ciclo sendo neste caso máis difícil a construción de dito puzzle e tamén as preguntas que contiña cada sobre, onde se agochaban as pezas. O premio foi o mesmo, unha visita á mascota da biblioteca. 
  • No segundo ciclo o alumnado, divido en grupos, debería buscar unhas letras colocadas por distintas zonas do centro. A búsqueda realizouse a partir dunhas pistas. Unha vez atopadas ditas letras deberían ordenalas descubrindo, deste xeito, que se trataba do nome da mascota "LARAPETO", á que logo visitarían.

  • En canto ó terceiro ciclo a búsqueda do tesouro fíxose tamén en grupos pero neste caso sobre cómics da biblioteca do centro e posteriormente, o equipo gañador, descubriu a mascota que estaba agochada nun pequeno trono detrás dunhas cortinas.
Ditas búsquedas do tesouro e posteriores visitas a Larapeto na biblioteca, fixéronse durante toda a mañá. Logo á tarde, no patio do colexio, físoxe unha lectura da vida de Larapeto e, a continuación, alumnas de 5º e 6º de Primaria dedicáronlle un baile. 

martes, 8 de mayo de 2012

PROXECTO INTERDISCIPLINAR: A BANDA DESEÑADA

COMO TRABALLAMOS COA BANDA DESEÑADA  

Desde a biblioteca escolar escolleuse a banda deseñada  como tema para desenvolver un proxecto interdisciplinar ao longo do curso con todos os nenos e nenas do Centro.
O mundo do cómic  estivo e está presente nas diferentes actividades e celebracións que se levan a cabo no Colexio este ano: entroido, día do libro...Pero ademais traballámolo deste xeito:
Despois de realizar no primeiro trimestre, tanto os alumnos/as dos distintos ciclos como o profesorado, uns talleres co debuxante Primitivo Marcos, comezamos  a levar a cabo este proxecto.
Tamén nos serviu de axuda o material que elaborou o CEIP de Covas e varios libros sobre o tema.
Cada ciclo escolleu un tema do que logo levará ao cómic unha historia previamente elaborada.
Comezamos cunha formación sobre a linguaxe do cómic e os pasos que se deben seguir para a súa creación, utilizando entre outros este material. (Para velo pinchar aquí).

No 3º ciclo o tema escollido para levar ao cómic foi "Os oficios tradicionais", e entre eles "Os muiñeiros" e "Os zoqueiros"
Para documentarse sobre estes temas utilizamos os seguintes libros LIM:

MOENDO E GRAN

OS ZOQUEIROS


lunes, 7 de mayo de 2012

Os tres osos


Unha vez máis neste curso, nenos e nenas de 5º e 6º, realizaron unha lectura dun conto para o alumnado de Educación Infantil.  Esta vez titulouse " Os tres osos". Pódense ver as fotos a continuación:
Alumn@s de 3 e 4 anos
Alumn@s de 4 e 5 anos

lunes, 12 de marzo de 2012

Contacontos Kalandraka

A carta que vos mostramos a continuación vai dirixida para o alumnado de Educación Infantil e tamén para primeiro ciclo de educación primaria:
"Ola, amiguiños e amiguiñas!
Somos PATRICIA E ÁLEX, e escribímosvos desde KALANDRAKA, unha editorial que publica libros para nenos e nenas de todo o mundo.
O noso traballo é moi divertido. Percorremos as escolas de Galicia levando dun lugar a outro as historias que saen da nosa fábrica de soños.
Ben seguro que coñecedes máis dunha!
ÁLEX é músico, e por iso leva na súa maleta os seus instrumentos favoritos para acompañar as máis divertidas historias. Ata ten un que respira e parece estar vivo, é..UN ACORDEÓN!
Eu, PATRICIA, conto e canto. Sei moitas historias que de seguro vos gustarán.
O vindeiro 14 de marzo visitaremos o voso colexio para covidarvos a facer con nós unha viaxe fantástica, chea de música e de palabras para a que non precisaremos nin coches, nin barcos, nin avións. Tan só a vosa imaxinación. Será moi divertido!
Así que estade atentos, abride ben as orellas e preparádevos para comezar a viaxe en canto escoitedes a nosa música na escola.
Bicos voadores...ata moi pronto!
PATRICIA E ÁLEX"

miércoles, 15 de febrero de 2012

Contacontos "Pulguiña"



O pasado venres, 3 de febreiro, varios alumnos de 6º acudiron á biblioteca para contar o conto "Pulguiña" ós nenos e nenas de educación infantil. Para realizar dita actividade apoiáronse na proxección das imaxes do conto.       


   
Alumn@s de 4 e 5 anos.
Alumn@s de 3 e 4 anos.

lunes, 13 de febrero de 2012

"Viaxe polo Lugo romano"

O 24 de xaneiro, os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria fixeron unha excursión ó Museo Provincial de Lugo, onde participaron nunha actividade titulada "Viaxe polo Lugo romano". Dita actividade rematou no colexio completando os bocadillos deste cómic que aparece a continuación: