16 may 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Este ano celebramos o día das Letras Galegas ao grande. Comezamos cunha representación dos Romeiros do Caracol que basearon a súa obra nos estudos das romerías de Antón Fraguas. Houbo de todo: música, monicreques...e pasámolo xenial!
Tamén traballamos un montón para coñecer a fondo a Antón Fraguas, o autor homenaxeado; e decidimos facerlle tres caricaturas, unha da súa xuventude, outra amosando a un Antón Fraguas de mediana idade e, por último, unha na que o debuxamos cunha idade máis avanzada. Quedaron tan ben que fixemos tres carteles con elas e tamén fixemos un montón de chapas para todos coas que nos agasallaron os nenos de sexto.
Por si todo esto fose pouco, os nosos compañeiros de sexto fixéronnos un breve resumo da biografía do autor homenaxeado e todos os cursos nos unimos á celebración recitando versos de Antón Fraguas. E, como non, continuamos co noso muro das Letras Galegas, desta vez foron os máis pequerrechiños do cole os que se encargaron de pintar nel o nome do autor homenaxeado este ano. Quedou chulísimo! Aquí vos deixamos un montón de fotos...































0 comentarios:

Publicar un comentario