Tras moitos meses e grazas ao traballo duro de Pepe, que se encargou de deseñar, crear, transportar, pintar, montar....ou de calquera cousa que fora necesaria, agora podemos desfrutar deste novo recuncho no cole. Aquí desfrutaremos e desenvolveremos toda a nosa creatividade.
A creación deste novo espazo foi un proceso que seguimos con curiosidade por cada pequeniño cambio, con emoción e ansia. Para nós foi un tempo moi longo (xa sabedes que cando un é neno o tempo pasa moi despacio...) no que atacamos aos profes a diario con preguntas sobre o tempo que quedaba para poder estrenar o noso novo lugar favorito. E hoxe, tras esperar como campións todo este tempo e durante case outros dous meses desde que o vimos rematado, por si chegaban novos xogos, xa non puidemos aguantar e por fin......ESTRENAMOS O ESPAZO MAKER!!!! siiiiii!!!!! vivaaaaaaa!!!!
Aquí vos deixamos un montón de fotos para que non perdades ningún detalle e para que vexades que hoxe non podiamos estar máis felices. Foi un día xenial!
Grazas, Pepe!
0 comentarios:
Publicar un comentario