7 feb 2010

Google libros

O servizo 'Google libros' naceu en decembro de 2003 co obxectivo de permitir que os usuarios localizasen vía web información contida tamén dentro dos libros impresos. Por iso, Google comezou a escanear miles de obras, tanto con copyright como sen el (por exemplo, porque son libros publicados fai moitos anos, cuxos dereitos de autor expiraron).

Destes últimos (de dominio público), Google ofrece os contidos completos, e podemos localizalos seleccionando a opción "libros enteiros" na procura avanzada, engadindo ademais algunha restrición temporal.

Estes contidos completos viñan ofrecendo, páxina por páxina, dentro de imaxes nas páxinas web. Pero agora podemos descargarnos a información completa en formato PDF. de moitos deles.

0 comentarios:

Publicar un comentario