Trátase dunha serie de libros dirixidos a nenos de 9 a 12 anos. Esta colección narra as aventuras, historias e misterios dun rato chamado Gerónimo Stilton que traballa de escritor e director dun xornal titulado "O Eco do Roedor". Vive nunha illa ficticia denominada Illa dos Ratos, cuxa capital é Ratonia, onde naceu Gerónimo e onde vive. Stilton é un bibliófilo e melómano amante da música clásica e da tranquilidade,aínda que as súas aventuras son sempre axitadas.
Stilton ten unha gran familia, algúns dos seus parentes son Trampita, o seu curmán; Tea, a súa irmá ; o seu sobriño Benjamín e Torcuatro, o seu avó. Algúns amigos de Geronimo stilton son: son Metomentodo Quesoso, un amigo de Geronimo Stilton desde a gardería ata a actualidade que traballa como detective e investigador privado, Lánguida e Hiena.
Na seguinte ligazón podedes acceder á páxina web do clube de Gerónimo Stilton.
0 comentarios:
Publicar un comentario