14 mar 2016

DÍA DO LIBRO



·          
 Ao longo do mes de abril celebraremos o DÍA DO LIBRO con distintas actividades. 
Aquí vos presentamos algunhas das que imos a realizar e nas que poderedes participar:
- Exposición na entrada do colexio con libros de “El Quijote” de distintas edicións, adaptacións e  encadernación, para o que solicitamos a colaboración de toda a comunidade educativa para que aportedes os exemplares de que dispoñades.
- As  familias que o desexen poden doar libros que logo serán liberados nas paradas dos autobuses escolares.
- Contacontos sobre “El Quijote” por parte  de alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria aos nenos e nenas de infantil.
 -Realización dun debuxo por parte de cada neno/a de Infantil e Primaria, ben sobre un libro que fose lido e lle gustara ou sobre o Quixote. Os debuxos elaborados colocaranse nun mural ou colgaranse na entrada do colexio.

- Elaboración dun cartel en tamaño grande coas imaxes de Don Quixote e de Sancho Panza, no que poderemos sacar unha foto colocando a  cara no oco do sitio da cabeza de cada personaxe.


0 comentarios:

Publicar un comentario