14 mar 2016

DÍA DA MULLER TRABALLADORA E SEMANA DA PRENSA

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Celebramos en todo o colexio esta data poñendo en valor a mulleres deportistas galegas actuais, que pola súa traxectoria destacan nalgún deporte, mais pese a iso non son moi coñecidas polo alumnado nin pola xente, en xeral.
Cada clase buscou información sobre unha destas deportistas : Vero Boquete, Alessandra Aguilar, Tamara Echegoyen, Lurdes Domínguez, Mª Teresa Portela Rivas e Tamara Abalde. Posteriormente elaborou un cartel sobre a deportista investigada. Estes carteles colocáronse  nos pasillos e na biblioteca.
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º participaron nunha busca do tesouro na que por grupos debían atopar a información que se lles solicitaba sobre as deportistas que aparecían nos carteis, podían buscala ben nos carteis ou a través de inernet.

 





 SEMANA DA PRENSA

Do 7 ao 11 de marzo celebramos a Semana da prensa, na que xornais e revistas foron os protagonistas nas nosas aulas.
Ademais dos xornais habituais que recibimos da Voz de Galicia, traballamos con outros diferentes, que, en principio, foron colocados a entrada do colexio, onde estaban a libre disposición de calquera persoa da comunidade educativa e dos que cada mestre tamén fixo uso na súa aula segundo o considerou oportuno.
Cada neno dos distintos niveis de Infantil e Primaria comentou unha noticia e logo nos primeiros cursos fixo un debuxo sobre ela, e a paritr de 3º ademais do debuxo escribiu un breve texto. Con todos estes traballos participaremos no concurso de "Mellor periodista infantil" de La voz de Galicia.


0 comentarios:

Publicar un comentario