23 abr 2020

DÍA DO LIBRO


     FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!     
  
Hoxe é o Día do Libro, trátase dunda data moi especial na que rendimos homenaxe aos libros e autores de todo o mundo e de todos os tempos. Aínda que non podemos ler a mensaxe da nosa mascota Larapeto, contándonos as novidades da biblioteca, queremos propoñervos, a todos/as os que queirades, participar na seguinte actividade dende a casa: 
      Facer un debuxo do voso conto ou libro  preferido nestes días de permanencia na casa (portada, algo representativo do conto…).Podedes enviar o debuxo a calquera destas dúas contas de  correo:
tarefascuarto@gmail.com
      Cada un de vós poñerá o seu gran de area  co seu debuxo que quedará    plasmado nun libro en formato dixital,  que unha vez feito vos ensinaremos.
Deixamosvos tamén uns enlaces  para que poidades descargar algún conto gratis e desfrutar dun anaquiño do voso tempo lendo.
Ademáis dun conto en inglés para que vaiades practicando!!
E para os maiores da casa tedes aquí  unha pequena selección de libros en varios idiomas.


0 comentarios:

Publicar un comentario