16 ene 2019

VISITA ANTONIO REIGOSA

Os rapaces de quinto e sexto do clube de lectura estiveron lendo o libro Memorias dun Raposo e tanto lles gustou que o pasado 14 de decembro recibiron a visita do seu autor, Antonio Reigosa. 
Foi unha sorte poder compartir un ratiño e comentar directamente co escritor todas as aventuras que atoparan no libro. E, por si fora pouco, fíxoos cómplices del e prepararon un conto para contarlle aos compañeiros de primeiro e segundo...pasárono xenial!
Aquí vos deixamos unhas fotos para que olledes o interesante que estivo e o ben que o pasaron!






















0 comentarios:

Publicar un comentario