Hoxe no cole celebramos o día da paz e non violencia e todo o que tramara Larapeto, e para o que nos pedira axuda naquela carta, cobrou forma.
Escribimos as nosas mensaxes pola paz, metímolas nunha máquina de bolas chulísima e, por clases, sacamos cada un a súa bola e lemos as mensaxes que nos tocaron. Con todas elas cubrimos un muro no cole baixo o lema "Pola paz quero...".
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o chulo que foi todo....
0 comentarios:
Publicar un comentario