13 nov 2018

QUE É PARA TI A BIBLIOTECA?

A biblioteca do cole é un espazo aberto a todos, multidisciplinar e multisensorial onde poderás vivir aventuras, adentrarte en mundos de fantasía, deixar voar a túa imaxinación, convertirte en dragón, rá, pantasma...,atopar intres de concentración e calma, sentir emocións, ampliar coñecementos...Eso e moitas cousas máis é a nosa biblioteca. E para ti...que é unha biblioteca?
Anímate e deixa a túa mensaxe no taboleiro! E, de paso, mira...mira!!! Xa temos un montón de mensaxes!!!









0 comentarios:

Publicar un comentario