24 oct 2018

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA


Hoxe celebramos no cole o día da biblioteca, e pensando, pensando...ocorréusenos que non había mellor forma de celebralo que creando os nosos propios libros relacionados co noso proxecto deste ano: os oficios tradicionais.
Cada dous cursos escollemos un oficio e durante varios días estivemos investigando para facer unha recopilación de cantigas, ditos, adiviñas...relacionadas co noso oficio. Con todo ese material recopilado, hoxe todo o cole ao mesmo tempo se puxo mans á obra para montar os libros. Quedaron chulísimos! Querédelos ver? Pois estade moi atentos ao blogue!
De momento deixámosvos aquí unhas fotos do proceso...



















0 comentarios:

Publicar un comentario