9 mar 2018

CONTACONTOS FAMILIARES: MÓNICA, JOSÉ ÁNGEL E PILI

Hoxe encheuse a biblioteca de sorpresas! Tivemos a visita de Mónica e José Ángel, a nai e o padriño de Xoel e de Pili, a nai de Amina e viñeron cargadiños de sorpresas!
Con eles coñecemos os diferentes tipos de familias e pasámolo xenial na sesión de títeres que nos organizaron; pero o mellor foi que o teatrillo tan chulo que trouxeron resultou ser un agasallo para o cole!
Querémoslles dar unhas grazas enoormes a eles tres e tamén de xeito moi especial ao papá de Amina, que non puido estar con nós, pero foi o encargado da construción do teatro! Moitísimas grazas familias, non nos pode gustar máis o agasallo!



0 comentarios:

Publicar un comentario