28 ene. 2018

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA


O 30 de xaneiro é  o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. 

Coincide co asasinato a tiros por un fanático hinduísta, do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, que tivo lugar o 30 de xaneiro de   1948.

gandhi-simbolo-mundial-pacifismo_tinima20140130_0223_5

Día Escolar da Non-Violencia e da Paz celébrase desde o ano 1964, no que foi fundado  polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. El  pretendía transmitir  a mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972). 


PREPARANDO O DÍA DA PAZ NO CEIP O SALVADOR


A semana previa tratamos o tema a nivel de aula e cada curso elaborou un cartel nunha cartolina cunha frase alusiva á Paz. Ensaiamos a canción “O xogo da Carrasquiña” e o venres cantámola e escenificámola todos xuntos, formando un corro por cada curso e co cartel elaborado no centro.
  


O DÍA DA PAZ

  O propio Día da Paz celebrarémolo con actividades conxuntas no espazo do comedor, ambientado como sala de cine coa colaboración dos alumnos/as de 6º de primaria e os nenos e nenas de 1º e 2º que elaborarán previamente as entradas, para seren adquiridas ese día a cambio dun tapón de plástico. Comezaremos co visionado  dun vídeo presentado por alumnos de 5º de primaria sobre a conmemoración do Día da Paz e o gravado da escenificación do Xogo da Carrasquiña. A continuación proxectarase unha curta, que posteriormente poderá ser comentada nas aulas  xunto cos valores que transmite.









ESTA É UNHA SELECCIÓN DE RECURSOS PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ
 (Realizada polo CEIP Víctor Saínz)
https://sites.google.com/site/recursospazceipvictorsaenz/

0 comentarios:

Publicar un comentario