7 nov 2017

OS NOSOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Este curso, como non podía ser menos, tamén temos axudantes na biblioteca.
Todos levan ben orgullosos os seus identificadores e, como son os maiores do cole, tamén son os que máis libros da nosa biblio levan lido: non dubidedes en dirixirvos a eles para saber cales son as súas recomendacións, seguro que xuntos podedes descubrir un montón de libros que vos van a encantar!
Aquí vos deixamos unha foto de todo o grupo, pero en breve irémolos coñecendo un pouquiño máis...seguide lendo o blogue que non volo podedes perder!!!!

Moitas grazas rapaces pola vosa axuda!!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario