23 nov 2017

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Como cada 25 de novembro no cole imos conmemorar este DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, tratando de concienciar sobre a necesidade de respectar aos demais e de non  tolerar calquera tipo de acto ou actitude no que teña cabida a violencia, incidindo neste caso de xeito especial naquela que se dá en función do xénero.
Para traballar o tema da violencia de xénero recomendamos os libros Rosa caramelo e Artur e Clementina  da editorial Kalandraka, que se poden atopar na biblioteca do centro.
                                                              

 
https://www.youtube.com/watch?time_continue=15&v=qqJx-a09dT8



Tamén recomendamos o seguinte libro que podedes ler pinchando na imaxe


 Realizaremos varias actividades conxuntas:
- Decoración da entrada do colexio coas pegadas violetas das mans de todos os nenos e nenas e lazos e figuras representativas.
- Colocación de flores violetas, pintadas por cada un dos nenos e nenas,  na entrada ao patio, seguida da lectura de frases contra a violencia de xénero e a favor do respecto para todas e todos.









      








0 comentarios:

Publicar un comentario