CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
Durante o mes de abril realizaremos varias actividades adicadas ao LIBRO, concentrándose a maior parte delas no dia 23:- LECTURA EN FAMILIA.
- MURAL DO LIBRO
- PRESENTACIÓN DO LIBRO "PAREDIÑA".
- RESCATA UN LIBRO.
Cos libros procedentes do expurgo realizado na bilioteca, xunto con algúns aportados polos alumnos/as, realizaremos dúas exposicións, unha na planta baixa co material axeitado para Infantil e primeiro ciclo de Primaria e outra na 1ª planta con materiais para lectores máis avanzados. Logo de explicarlles a cada curso en que consiste esta actividade e da importancia de ser coidadosos cos libros, estes fondos poderán ser rescatados polos alumnos dos distintos niveis, para mellorar o seu estado, pasando a ser da súa propiedade. Cada libro leva unha pegatina que o identifica como rescatado e na que o novo dono pon o seu nome. Ademais cada neno que rescata un libro cubre nun libro rexistro, adaptado para esta actividade, o seu nome e o título, asinando logo.
0 comentarios:
Publicar un comentario