COMO TRABALLAMOS COA BANDA DESEÑADA
Desde a biblioteca escolar escolleuse a banda deseñada como tema para desenvolver un proxecto interdisciplinar ao longo do curso con todos os nenos e nenas do Centro.
O mundo do cómic estivo e está presente nas diferentes actividades e celebracións que se levan a cabo no Colexio este ano: entroido, día do libro...Pero ademais traballámolo deste xeito:
Despois de realizar no primeiro trimestre, tanto os alumnos/as dos distintos ciclos como o profesorado, uns talleres co debuxante Primitivo Marcos, comezamos a levar a cabo este proxecto.
Tamén nos serviu de axuda o material que elaborou o CEIP de Covas e varios libros sobre o tema.
Cada ciclo escolleu un tema do que logo levará ao cómic unha historia previamente elaborada.
Comezamos cunha formación sobre a linguaxe do cómic e os pasos que se deben seguir para a súa creación, utilizando entre outros este material. (Para velo pinchar aquí).
No 3º ciclo o tema escollido para levar ao cómic foi "Os oficios tradicionais", e entre eles "Os muiñeiros" e "Os zoqueiros"
Para documentarse sobre estes temas utilizamos os seguintes libros LIM:
MOENDO E GRAN
OS ZOQUEIROS
No 3º ciclo o tema escollido para levar ao cómic foi "Os oficios tradicionais", e entre eles "Os muiñeiros" e "Os zoqueiros"
Para documentarse sobre estes temas utilizamos os seguintes libros LIM:
MOENDO E GRAN
OS ZOQUEIROS
0 comentarios:
Publicar un comentario