"Ola, amiguiños e amiguiñas!
Somos PATRICIA E ÁLEX, e escribímosvos desde KALANDRAKA, unha editorial que publica libros para nenos e nenas de todo o mundo.
O noso traballo é moi divertido. Percorremos as escolas de Galicia levando dun lugar a outro as historias que saen da nosa fábrica de soños.
Ben seguro que coñecedes máis dunha!
ÁLEX é músico, e por iso leva na súa maleta os seus instrumentos favoritos para acompañar as máis divertidas historias. Ata ten un que respira e parece estar vivo, é..UN ACORDEÓN!
Eu, PATRICIA, conto e canto. Sei moitas historias que de seguro vos gustarán.
O vindeiro 14 de marzo visitaremos o voso colexio para covidarvos a facer con nós unha viaxe fantástica, chea de música e de palabras para a que non precisaremos nin coches, nin barcos, nin avións. Tan só a vosa imaxinación. Será moi divertido!
Así que estade atentos, abride ben as orellas e preparádevos para comezar a viaxe en canto escoitedes a nosa música na escola.
Bicos voadores...ata moi pronto!
PATRICIA E ÁLEX"
0 comentarios:
Publicar un comentario