27 ene 2012

Día Escolar pola Paz - 2012


O Día Escolar pola Paz e Non Violencia celébrase nas escolas de todo o mundo, o 30 de xaneiro coincidindo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi. O seu obxectivo é promover unha educación permanente para a concordia, a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz.

A mensaxe básica deste día é: "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra".


As bibliotecas escolares acostuman difundir listados de libros e outros materiais que poden apoiar ao profesorado no tratamento de contidos propios da cultura da Paz, tan necesaria. No portal das Bibliotecas Escolares de Galicia temos algúns exemplos de iniciativas levadas a cabo por outros centros educativos.

0 comentarios:

Publicar un comentario