6 mar 2010

Biblio.clic

Dende o Grupo de Traballo "Un mundo por ler" estamos a traballar na dinamización da nosa biblioteca que en breve agardamos volva a abrir as súas portas e ademáis con importantes novidades.

Polo momento deixámosvos unha aplicación en JClic coa que traballar a formación de usuarios de bibliotecas escolares. O obxectivo deste programa é afondar no concepto de biblioteca escolar, aprender conductas axeitadas nela, familiarizarse coa CDU (Clasificación Decimal Universal) así como identificar as partes dun libro.

Máis adiante publicaremos outra aplicación tamén en JClic que siga a tratar aspectos relacionados coa nosa biblioteca.

Se queredes probar esta aplicación non tedes máis que premer na imaxe.



0 comentarios:

Publicar un comentario