30 abr 2018

ABRIL, MES DO LIBRO E DA LECTURA

Rematamos abril e con el as variadas actividades que ao longo deste mes desenvolvemos entorno ao libro e a lectura, e de xeito especial na semana  do Día internacional do libro, o 23 de abril.
Ademais da celebración do Día do libro infantil, da que xa informamos, queremos lembrar outras  das máis significativas a través das imaxes e comentarios que aparecen a continuación.

  O NOSO LIBRO FAVORITO
En cada curso  os alumnos/as  opinaron  sobre o  libro que máis lles gusta, elexindo a continuación o favorito da súa clase. As opininións tamén foron postas na páxina web de meiga onde está rexistrado o libro correspondente. Logo elaboraron un cartel do libro escollido e con todos eles, xunto co libro orixinal,  montouse unha exposición no corredor da entrada do colexio.


 




 TALLER DE CREACIÓN DUN LIBRO
 Realizáronse tres tallerlleres de elaboración dun libro impartidos por unha exmestra do centro  nos que participou todo o alumnado dividido en tres grupos. Comezaron cun breve percorrido polos cambios tecnolóxicos que o libro foi experimentando, pasando logo a elaboración artesanal dun libro, sendo os nenos e nenas coas indicacións e axudas correspondentes os que realizaron as tarefas necesarias.





LIBROS QUE VIVEN NOVAS HISTORIAS
Creamos un banco de imaxes procedentes de libros de expurgo moi deteriorados e logo cada curso de Infantil e Primaria seleccionou un grupo de imaxes a partir das cales escribiu e ilustrou un pequeno conto.

       



 

 Con todas as historias fixemos este fermoso libro.

https://es.calameo.com/read/005575092f7be7ecfc06a



 RESCATA UN LIBRO
  Cada neno/a escolleu un libro para ser rescatado entre os procedente de expurgo  que se expuxeron no corredor da primeira planta do colexi. Este libro levárano para a casa despois de colocarlle unha pegatina que o identificaba e anotalo nun libro de rexistro.







LIBERACIÓN DE LIBROS

  



 CONTACONTOS

Realizáronse varias sesións de contacontos ao longo da semananas que o alumnado colaborador da biblioteca dos cursos de 5º e 6º de primaria contáronlles os contos Cuando las niñas vuelan alto, O  traxe novo do rei, e A bella na botella aos cursos de infantil e 1º e 2º de primaria. 







CELEBRACIÓN CONXUNTA DO DÍA DO LIBRO



Visionando unha pequena curta sobre a historia do libro e a continuación a entrega de pins coa mascota da biblioteca aos novos lectores. Rematamos coa canción “Nun libro” de Paco Nogueiras  https://www.youtube.com/watch?v=x-GqfB27-ek     e a  entrega duns pequenos agasallos (dos recibidos de bibliotecas escolares)  para todos.










0 comentarios:

Publicar un comentario