8 mar 2018

SEMANA DA PRENSA

Durante toda esta semana celebramos a semana da prensa  no cole. Traballamos cos xornais nas aulas, puidemos ver a portada do xornal do día en que nacemos cada un de nós, e mesmo nos convertimos en xornalistas escribindo novas para os nosos xornais.
Tamén temos en marcha un concurso que nos ten moi intrigados: temos expostas 36 portadas de xornais e temos que adiviñar de que país é cada unha. Temos moitas ganas de saber si alguén as acertou todas!








0 comentarios:

Publicar un comentario