Este ano adícase o Día das letras Galegas ao escritor Carlos Casares. No colexio celebrámolo con diferentes actividades
CELEBRACIÓN NA BIBLIOTECA CON PARTICIPACIÓN DE TODO O ALUMNADO
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria realizaron este vídeo para darnos a coñecer por que celebramos o 17 de maio o Día das Letras Galegas e tamén a vida e obra do autor homenaxeado este ano.
Tamén se proxectaron outros dous
vídeos elaborados en datas previas, un realizado polos alumnos7as de sexto de
educación primaria sobre termos galegos usados no deporte
E outro de cuarto de educación infantil sobre o conto A
galiña azul
de Carlos Casares
No blogue do EDLG do noso centro pódense encontrar enlaces ao material elaborado polo Seminario Galán sobre o autor homenaxeado: documentos para imprimir, actividades en liña e álbum de fotos de Carlos Casares para axudarnos a coñecer mellor a vida e a obra deste autor.
Podes acceder a el premendo na seguinte imaxe
0 comentarios:
Publicar un comentario