O 30 de xaneiro é o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz.
Coincide co
asasinato a tiros por un fanático hinduísta, do líder nacional e
espiritual da India, o Mahatma Gandhi, que tivo lugar o 30 de xaneiro de 1948.
Gandhi
naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en
Inglaterra, instalouse en África do Sur e loitou alí contra a
discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India
organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non
cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre
hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o
líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a
millóns de indios.
O Día Escolar da Non-Violencia e da Paz celébrase desde o ano 1964, no que foi fundado polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. El pretendía transmitir a mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).
ESTA É UNHA SELECCIÓN DE RECURSOS PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ
(Realizada polo CEIP Víctor Saínz)
0 comentarios:
Publicar un comentario