22 nov 2016

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


 O 25 de novembro foi declarado día Internacional contra a Violencia cara á muller en xullo de 1981 no 1º Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) 
Neste encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneras políticas.

Elexiuse o 25 de novembro porque nese día de 1.960  as irmáns Mirabal (Patria, Minerva e Mª Teresa),  tres activistas políticas, foron asesinadas  pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.

 No  cole levaremos a cabo diversas actividades, entre as que se atopa un mural colocado na entrada onde todos os nenos e profes estamparemos as nosas mans e se colocarán uns lazos violeta elaborados con frases que axuden a concienciar sobre a igualdade de xénero e a non violencia cara á muller.
Para traballar na aula suxerimos  as UNIDADES DIDÁCTICAS ás que se pode acceder pinchando na imaxe.
 http://www.steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/muller/25_novembro/2016/20161117_unidades_didacticas_25n_2016_steg.pdf


Dado que a lectura pode  axudarnos a ser libres e respectuosos cos demais, independentemente do xénero, queremos dar a coñecer algúns libros da nosa biblioteca para traballar o concepto de IGUALDADE  .

Infantil e 1º e 2º de Primaria

 Traballamos co libro ROSA CARAMELO da Editorial Kalandraka
Na seguinte dirección podemos atopar material para traballar : lectura do conto, vídeo, aplicación didáctica…..



 En Infantil e primaria
     Cos libros    QUE ME DIS DE...RESPECTO Á IGUALDADE   e
UNA FELIZ CATÁSTROFE
     




Tamén poderás acceder gratis a este libro pinchando na imaxe.http://www.slideshare.net/fengchuishaster/oliver-button-es-un-nena                                     

0 comentarios:

Publicar un comentario