18 abr 2015

23 DE ABRIL.DÍA DO LIBRO



 CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO
Como cada ano o 23 de abril celébrase o  Día do libro. Esta celebración comezou en España o  7 de outubro de 1926 para conmemorar o nacemento de Miguel de Cervantes. Mais como non se sabía que esta data fose certa,  no ano 1930 pasou a celebrarse o 23 de abril, coincidindo así co día da súa morte.

A biblioteca do cole coa colaboración de todo o profesorado  e as familias levará a cabo diversas actividades ao longo desta semana, entre as que se atopan:
- Unha EXPOSICIÓN DE LIBROS EN DISTINTOS FORMATOS E ENCADERNACIÓNS, procedentes tanto dos fondos da biblioteca como doutros aportados polos nenos e nenas e as súas familias, para o que vos  ANIMAMOS A QUE COLABOREDES.
- TALLERES- DEMOSTRACIÓN DE ENCADERNACIÓN DE LIBROS.
- CELEBRACIÓN CONXUNTA DE TODO O ALUMNADO E PROFESORADO.

Unha bonita curtametraxe sobre o libro pódese visionar  pinchando sobre o nome:
 







0 comentarios:

Publicar un comentario