CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
O día 20 de novembro conmemórase o Día Internacional dos Dereitos do Neno ou Día Universal da Infancia. Esta data ben marcada porque a Asamblea de Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno o 20 de novembro 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989.
Coa conmemoración queremos reivindicar que un neno ou nena ten dereito a ser educacado, coidado e protexido. Tamén ten dereito a divertirse, a xogar, a aprender, a expresarse, a ir á escola, a recibir coidados médicos, a alimentarse... Ademais debemos recordar que na actualidade aínda hai moitos nenos que non poden disfrutar dos seus dereitos.
Encontrarás interesante información e actividades sobre os DEREITOS DOS NENOS neste blogue da biblioteca Milladoriro de Malpica
0 comentarios:
Publicar un comentario